Día do Libro

Hoxe para a celebración do Día do Libro xuntámonos todo o cole para ler contos.
A nós tocounos ir co alumnado de 4° de Primaria, que nos contaron un libro de forma individual.
Gozaron moito coa actividade.
Tamén participamos no Mercado solidario de SadaDona, onde mercamos libros doados polo alumnado do Centro.

 Fixemos un marcapáxinas co noso conto favorito 😍

Xa naceron os vermes de seda!

Esta semana naceron os vermes de seda. Aínda quedan algúns sen nacer. Temos ovos brancos (baleiros) e oscuros (con verme dentro).
Recibíronos con moita ilusión! Toca coidalos 🐛, a ver se este curso vemos nacer as bolboretas antes de que marchen de vacacións 🦋.
O encargado ou encargada deberá darlles de comer.

Primavera 🦋

Creamos uns brazaletes...

Traballamos coa profe Lucía

Hoxe veu a profe Lucía a contarnos o conto de "El dragón chef" con pictogramas e facer unha actividade.
Como o conto ía de flocos de millo, logo fixemos unha actividade cos flocos. Colocaron os números do 1 ao 10, e despois debían encher os botes con tantos flocos como indicaba o número.
E por último, cada un debía encher un vasiño con 10 flocos de millo para comer.

ONG "Aldeas Infantiles"

Hoxe viñeron da ONG "Aldeas Infantiles" para falar sobre a súa labor en países de América (que é o continente que estamos  a traballar na EI neste curso). E contáronlles un conto para que o entendesen mellor ❣️

Despedímonos das personaxes do conto: Panda e Pingu.

8M. Día Internacional da muller

Hoxe celebramos o Día da muller. Os nenos e nenas de Educación Infantil reunímonos para falar das mulleres de Illa Fantasía.
A continuación eliximos a nosa favorita e a debuxamos.
Traballámolas tamén en robótica:
E debuxamos á nosa muller favorita:

Esta semana xogamos co Tale-Bot

Esta semana a profe Lucía trouxonos un robot para aprender a programar! O Tale-Bot! Gustounos moitísimo!! Repetiremos!

Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro. Falamos deste día, de quen era Rosalía, de que grazas a ela celebramos o Día das letras Galegas,...


Vimos a proxección do vídeo de "Os Bolechas. Rosalía de Castro. Cantares Gallegos. As miñas primeras letras. Letras Galegas".




Pintamos unha rosa de Rosalía:



Despedímonos coa canción de "Rosalía pequeniña" de Sonárbore.