Experimento 5 anos. Flota ou afunde.

Bo día familias!

Comezamos este mes cun novo experimento. Hoxe investigamos sobre qué obxectos FLOTAN ou AFUNDEN, segundo a súa densidade.

En primeiro lugar OBSERVAMOS os elementos que vamos a analizar. Tocamos eses obxectos máis descoñecidos (corcho, pelota de ping pong) e observamos a súa forma e peso.
Despóis creamos HIPÓTESES segundo cremos se van a flotar ou non, e rexistrámolo na ficha.

Unha vez rexistrado facemos o EXPERIMENTO. Botamos o obxecto na auga para saber se flota ou afunde, e comprobamos se acertamos ou erramos. Rexistrámolo.
CONCLUSIÓN. Se os obxectos son menos densos que a auga,flotan; pero se son máis densos, afunden.