Iniciámonos no Método Científico. 5 anos

Bo día familias! 
Este curso iniciarémonos no Método Científico, na realización de diversos experimentos relacionados coa alimentación, para seguir coa temática que se traballará este curso na Educación Infantil e no Proxecto Illa Fantasía. 

Para iniciarnos falamos do método Científico e dos seus pasos a seguir. Para iso axudámonos do segunte vídeo que o explica moi ben:



A continuación recollimos o aprendido nunha fichiña:

1. Escribimos os nomes das distintas partes do Método Científico:
2. Ordenamos de forma numérica estes pasos:

3. Pegamos as fotos relacionadas cos pasos:

4. E así finalizamos a ficha:

Como traballou esta rapazada!!

Un saúdo familias!!

Alimentación saudable e comida basura.

 Bo día familias!

Seguimos traballando a Alimentación saudable. Para iso hoxe comezamos cun vídeo sobre Groovy, que é un marcianiño ao que lle encanta a comida saudable, e que rexeita a comida basura. Non lle ocorre o mesmo a Phoebe, que detesta algunhas froitas e verduras.

Déixovos o vídeo. Vimos os primeiros 4 minutos e o coementamos.

 A continuación rematamos a tarefa iniciada o outro día. Déixovos unhas fotos:


Alimentación saudable

 Bo día familias!!!

Xa estamos aquí de novo!! Un curso máis!!

Este curso en Educación en Valores traballaremos sobre o Consumo responsable. E este primeiro trimestre dedicarémolo á Alimentación saudable.

Hoxe comezamos facendo unha chuvia de ideas para saber qué sabían sobre a alimentación, concretamente para qué serve comer. E tamén falamos sobre os alimentos que debemos comer e cales non.

Con isto chegamos á conclusión de que os alimentos sérvennos para crecer, ser fortes, non enfermar, ter enerxía,... E reflexionamos sobre qué pasaría se comésemos mal: non creceríamos, enfermaríamos,...

A verdade que a maioría sabe dicir alimentos saudables e non saudables, pero aínda hai algúns que non teñen moi claros, e que seguiremos traballando neste primeiro trimestre.

Déixovos unhas fotiños:



Un saúdo!

CURSO 2021/2022

 OLA FAMILIAS!

COMEZAMOS UN NOVO CURSO! BENVIDOS E BENVIDAS!