Alimentación saudable

 Bo día familias!!!

Xa estamos aquí de novo!! Un curso máis!!

Este curso en Educación en Valores traballaremos sobre o Consumo responsable. E este primeiro trimestre dedicarémolo á Alimentación saudable.

Hoxe comezamos facendo unha chuvia de ideas para saber qué sabían sobre a alimentación, concretamente para qué serve comer. E tamén falamos sobre os alimentos que debemos comer e cales non.

Con isto chegamos á conclusión de que os alimentos sérvennos para crecer, ser fortes, non enfermar, ter enerxía,... E reflexionamos sobre qué pasaría se comésemos mal: non creceríamos, enfermaríamos,...

A verdade que a maioría sabe dicir alimentos saudables e non saudables, pero aínda hai algúns que non teñen moi claros, e que seguiremos traballando neste primeiro trimestre.

Déixovos unhas fotiños:



Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario