Proxecto Cre-Arte: Pintamos cos pés.

Esta vez tocou pintar cos pés! Ao principio dicían que non, so uns poucos se animaban! Pero ao ver que ía en serio animáronse case todos... 😅



Proxecto Cre-Arte: Pintamos un lienzo con esponxas.

Ola familias!

Esta semana fixemos outra obra de arte. Utilizamos a técnica de estampar esponxas nun lienzo, creando unha palabra máxica.

Primeiro poñemos as letras utilizando o wasitape.
E despóis, comenzamos a estampar esponxas utilizando diversas cores.
Deixámolo secar... E ao día seguinte quitamos o wasitape! Formándose a palabra máxica!

Taller con familias: Creación de variñas máxicas

Hoxe foi un día moi especial para os nenos e nenas de Infantil da nosa escola. Tivemos o noso primeiro taller de variñas máxicas. Que contentos e contentas estaban @s nos@s pequen@s!

Comenzamos o taller cunha charla onde a profe Espe explicou cómo facer as variñas máxicas. 
De onde teríamos que elixir diferentes elementos máxicos: pis de sapo, sangue de dragón, polvos de fada, pel de ra, de serpe,... 
A partir de ahí comenzamos a elaborar as nosas variñas:
Moitisimas grazas a todas as familias por asistir. Encántame ter unha clase tan participativa.

Illa Fantasía: carta novembro.

Hoxe recibimos a primeira carta de Illa Fantasía. Tróuxonola a profe Espe. 
A Illa é un lugar máxico de onde nos chegan moitas historias. Ao longo dos cursos coñeceremos diversos personaxes desta Illa. Este ano a protagonista é Uxía, a bibliotecaria da Illa que nos manda as cartas. E ímonos centrar no personaxe de Mary Poppins.





Rematamos a lectura bailando o kumananá:

Proxecto CRE-ARTE: Pintura.

Este curso participaremos no proxecto do cole "Cre-Arte". Neste primeiro trimestre convertirémonos en pintoras e pintores, traballando en 4° de infantil diferentes técnicas pictóricas para as nosas creacións.

A continuación amoso algúns dos traballos realizados:

- Estampamos con corchos:




- Pintamos con pincel:






- Estampamos globos:


Samaín 4°E.I.

Este curso foi o noso primeiro Samaín no cole! O primeiro de moitos! Así de terroríficos viñemos:💀🧛🧟


Durante esa semana decoramos o Cole. Pintamos unha super-cabaza:



Creamos ollos con bolas de papel, e monstros:


E trouxemos unhas cabazas creadas coas nosas familias:

*Grazas a todas as familias por colaborar.

O outono

Neste trimestre traballaremos a estación do outono. Crearemos, coa participación das familias, un recanto na aula que represente a dita estación.


Aproveitaremos estes recursos para facer diversas actividades: aprenderemos o nome de froitos e froitas típicos, do millo, das piñas,... Veremos distintos tipos de follas, clasificaremos as follas por cores ou tamaños,... 



Faremos un mural de follas para a fiestra:

Crearemos un cadro estilo do autor Arcimboldo:


E faremos xogos de lógica matemática e conteos aproveitando ditos recursos: