Aniversario de Valentina
Hoxe celebramos o aniversario de Valentina, que mañá cumple 4 aniños!
A súa familia veu a celebralo con nós preparando unha actividade moi orixinal, onde debían crear corais con pasta de cores.
Primeiro tiveron que amasar a arxila para facer a base.
A continuación debían decorala coa pasta de cores (que xa trouxo preparada Valentina) simulando corais.
Quedaron preciosos!! Ao natural aínda son máis bonitos! E ademáis válenos para vender no Mercado! Xenial!
Tamén cantamos a canción de aniversario e soplou as velas!! 🎂
Moitas grazas Paula e Javier por vir a celebralo con nós!!
Rede para o Cerco
Carmen tróuxonos unha Rede moi especial, xa que o seu pai e o seu avó crearon unha réplica en pequeno da rede que eles utilizan no Cerco.
Moitas grazas por compartir coa aula algo feito por vós e relacionado co voso traballo. Aos nenos e nenas encantoulles, e axúdaos moito a achegar o mundo real á aula.
Falamos do tipo de pesca de Cerco, e pesquei moit@s nen@s con ela!!! Xa que a pesar de ser unha réplica pequena, segue sendo enorme 🐟🐟
Moitas grazas por compartir coa aula algo feito por vós e relacionado co voso traballo. Aos nenos e nenas encantoulles, e axúdaos moito a achegar o mundo real á aula.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)