Festa da auga!!

E agora que está a rematar o curso celebramos todo Infantil a Festa da auga!!! Pasárono pipa!!

  

Cre-Arte: Arquitectura

Hoxe falamos das casas: dos arquitectos, dos constructores, dos albañís, dos decoradores,...
Tamén das partes da casa: a cociña, o comedor, as habitacións, os baños,... E que atopamos en cada estancia.
Puxémonos mans á obra para decorar a nosa!
    
E así de chula nos quedou...  

Lectura con contos

Hoxe tivemos a despedida coa cadela Nora. Contamos o conto "Los lobos que vinieron a cenar". Gustounos moito, e Nora estivo moi atenta.
 
A continuación debuxámola e levamos  o debuxo para a nosa clase.
  
E por último puidemos acariciala antes de irnos.
  

Encontro Illa Fantasía

No día de hoxe tivemos o Encontro de Illa Fantasía. Onde nos reunimos co cole de Mondego e con varios personaxes da Illa. Alí estaban a Fada 🧚, a Bruxa 🧙‍♀️, o home Orquestra 🎻, e como non... Mary Poppins 💼!!!! E todo presentado pola nosa compañeira Esperanza!!!

     Actuamos todos os cursos, e entregáronse os unicornios que acababan de nacer aos nenos e nenas de 6° de Educación Infantil, que pasan para o curso que ven a Primaria.
A nós a Fada e a Bruxa regalounos unha variña máxica para cada un de nós!! 🪄