Samaín: seguimos decorando a aula!

Seguimos decorando a aula. Para iso creamos uns pantasmas utilizando unha plantilla. Pintábamos presionando cunha esponxa, e logo sacábamos a plantilla e... Listo!

Así de chulos nos quedaron!

E por suposto non podía haber samaín sen unhas meigas! Levámolas para decorar a nosa casa 🧹

Samain: arañas

Esta semana estamos a decorar a nosa aula con cousiñas de medo debido a que o Samaín está á volta da esquina.
Hoxe fixemos unhas arañas que se lles sopras agáchanse. Gustáronlles moito!


Tamén estamos aproveitando está semana para contar con tos de medo. Este en especial encantoulles:


Conto SAWABONA

Hoxe a profe María I. contornos o conto "SAWABONA" con Lecturitas.

Descubrimos que estas palabras significan "Respétote, valórote e Ti eres importante para min".

Este conto é o que da orixe ao nome do noso Proxecto "SADABONA".

Agasallo de Lecturitas!

Hoxe Lecturitas deixounos un agasallo 🎁 na nosa clase! Unha bolsa cun pasaporte para que cubramos coa nosa volta ao mundo, e unhas chapas!
Temos unha misión que resolver neste trimestre. Debemos investigar sobre as orixes das nosas familias, de onde procedemos! E cos resultados que obteñamos marcarémolos nun mapa.
Se conseguimos as diferentes misións deste curso Lecturitas iranos cuñando o pasaporte 🎉.
Por suposto necesitamos a colaboración das familias 😊

Comezamos co Proxecto de Interculturalidade SADABONA!

Hoxe Lucía, a orientadora, pasou pola nosa clase con Mr. Potato para dar a benvida dos cativos a este novo curso presentando ao Departamento de Orientación.
Tamen nos falou da viaxe de Lecturitas polos diferentes continentes, dos que foi recollendo pegatinas para pegar na súa maleta. 
Saímos cara o hall da Biblioteca, onde Lecturitas ten a maleta para ver se a podíamos axudar a recordar esos países segundo a súa foto. Quedamos en investigar máis durante estes días.

Maxia coa profe Clara

Hoxe a profe Clara trouxo unha sorpresa!! Comenzamos a semana cun truco de maxia!!
O encargado convertiuse en mago, e fixo que o libro que estaba en branco aparecera con fotos en branco e negro de Galicia! Pero logo, toda a rapazada da clase pensou en varias cores e lanzáronas dende a súa mente ao libro... E sabedes que pasou?? Que as imaxes aparecieron coloridas!!
Así quedaron todos: 😯😮😯😮

Seguimos fortalecendo as nosas mans!

Este curso seguimos a traballar a psicomotricidade fina, tan importante nestas idades. Debemos fortalecer o traballo coas mans, mellorar a coordinación oculo-manual, traballar a pinza (a agarrar cos tres dedos), a prensión,... para poder escribir e debuxar. Toda actividade que se vos ocurra é boa, e ás veces non fai falta moito material.

Déixovos os xogos que estamos a traballar na clase:

- Pescamos gomas cuns paos.
- Colocamos pedriñas seguindo un patrón.
- Colocamos pinzas segundo a súa cor.
- Utilizamos unha pinza para facer transvase de pompóns.
- Insertamos palillos nos buratiños dun saleiro.
- Xogamos coa plastilina: amasamos, facemos boliñas, recortamola, facemos figuras,...