Seguimos fortalecendo as nosas mans!

Este curso seguimos a traballar a psicomotricidade fina, tan importante nestas idades. Debemos fortalecer o traballo coas mans, mellorar a coordinación oculo-manual, traballar a pinza (a agarrar cos tres dedos), a prensión,... para poder escribir e debuxar. Toda actividade que se vos ocurra é boa, e ás veces non fai falta moito material.

Déixovos os xogos que estamos a traballar na clase:

- Pescamos gomas cuns paos.
- Colocamos pedriñas seguindo un patrón.
- Colocamos pinzas segundo a súa cor.
- Utilizamos unha pinza para facer transvase de pompóns.
- Insertamos palillos nos buratiños dun saleiro.
- Xogamos coa plastilina: amasamos, facemos boliñas, recortamola, facemos figuras,...

No hay comentarios:

Publicar un comentario