Día da PAZ. Parte 2

Bo día familias! 

Seguimos a traballar a temática da Paz. Hoxe fixemos moitas cousas...

Primeiro limos o conto "Negros e brancos" De David McKee, adaptándoo para 3 anos (xa que polo medio é un pouco violento e modificámolo un pouco). 


Nel conta a historia de que fai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Pero houbo un grupiño de elefantes negros e brancos que non estaban moi a favor da guerra, e escondéronse no bosque. Moitos anos despóis, saíron da selva os netos deses elefantes amantes da paz, e xa non eran brancos e negros, senon grises! Que son os que quedaron no mundo e coñecemos nós! 

Para iso, fixemos unha pequena actividade no medio do conto. Pintamos unha man dunha elefante branca e outra man dun elefante negro (de eses elefantes que se agocharan no bosque). E vimos cómo de eses elefantes que vivían en paz, ao xuntarse e vivir xuntos (xuntando así as mans), saíron netos e tataranetos grises!!! Por iso agora tooodos os elefantes do mundo son grises 🐘🐘. 



Outra das actividades foi clasificar as condutas que colorearon a semana anterior, segundo eran positivas e fomentaban a Paz ou negativas. 



E así de chulo nos quedou o mural... 😍




Día da PAZ. Parte 1.

Bo día familias! 

Esta semana comezamos a traballar o día da Paz. Estivemos falando do que é a Paz e das condutas que a representan. 

Puxemos exemplos de diferentes situacións e clasificáronnas en axeitadas ou non. Teñen moi claro o que se debe facer e o que non.

A continuación entregueilles uns debuxos que colorearon e que clasificaremos o próximo día nun mural. 

Repasamos as emocións traballadas. 3 anos

Bo día familias! 
Esta semana, debido a que levamos moito tempo sen traballar as emocións, fixemos un breve repaso das traballadas no primeiro trimestre. 

Para comezar fixemos un xogo onde cada nen@ representaba unha emoción que debían adiviñar @s compañeir@s. Este xogo aínda lles custou un pouquiño...

De seguido, xogamos a ordenar as caras de difentes nenos e nenas cos seus emoticonos correspondentes. Xa xogamos máis rápido que antes do Nadal! 

 
 

Despois, cada nen@ elixía os emoticonos que reflectían a emoción que sentían nese intre, e explicábanlla ao equipo. 

E por último, escoitamos algunas cancións relacionadas coas emocións. Déixovos unha: