INSTALACIÓN DO OUTONO

Ola familias!!

Hoxe tivemos unha sorpresa!! Coñecimos o ximnasio, e nada máis e nada menos que cunha Instalación de xogo sobre o outono.

Antes de empezar, falamos sobre o que estabamos a ver, logo xogamos libremente... prohibido non tocar!! E ao remate comentamos o que máis nos gustou e cómo xogamos cos distintos materiais. O que máis lles gustou foi o retroproiector e as cabazas, sobre todo estas últimas.

Pasárono xenial!! Esperamos repetir prontiño!!