Nora, unha cadela moi especial.

Ao longo deste trimestre, os xoves, contaremos no noso centro con Laura e a súa cadela Nora para disfrutar da lectura compartida. 

Hoxe veu a coñecernos, foi a primeira toma de contacto.





Illa Fantasía: Mary Poppins

Hoxe tivemos de novo a visita de Mary Poppins!!! 
Falounos sobre a Rosa dos Ventos, e fixemos un xogo no patio!

Os sentidos: o gusto.

Hoxe Noel preparou unha nova actividade, esta vez sobre o gusto!
Tiñan que probar unhas gotas dun frasco que non sabían que contiña, e adiviñar a través do gusto se era salgado, doce ou ácido (sal, azucre e limón).
A actividade non era nada sinxela, pero moitos adiviñaron os sabores.
O mellor... as caras!! 😂😂😂😂 Non todos os sabores lles gustaban. Bueno, a algúns si... 🤣🤣 E moitos pedían para repetir!!!

Os sentidos: o olfacto

Hoxe Noel tróuxonos un novo xogo para traballar cos sentidos. Neste caso traballamos o olfacto.
Había varios botes con diferentes aromas: café, canela, ourego, cacao, xenxibre e cúrcuma. Debían escoller un, cheiralo e buscar outro que cheirara igual usando únicamente o olfacto. Non era nada sinxelo!



Como lles gustou a actividade!

Saída ao Teatro : "Feo" (Fundación ABANCA)

Hoxe acudimos toda a etapa de Educación Infantil á Fundación ABANCA, a ver a obra "FEO". Unha nova versión do conto "El patito feo". Gustoulles moito!!


Saída á Praia de Sada

Agora que comeza o bo tempo comezamos a aproveitar máis a nosa contorna. Esta semana fomos á Praia de Sada, que queda a un paso do noso cole.
Pasárono pipa!!! Repetiremos!!

Os sentidos: o tacto

Está semana o mestre Noel preparounos unhas actividades relacionadas cos sentidos, onde se traballou concretamente o tacto.

Na primeira sesión traballouse sobre as telas, para saber se eran ásperas ou suaves. Nun primeiro momento as exploraron, e despóis por grupos debían recoñecer dúas iguais cos ollos vendados!!! Fixérono moi ben!!
Nunha segunda sesión traballouse o tacto a través de diferentes materiais: cálidos, fríos, diversas texturas,... E debían recoñecelos cos ollos vendados!