Fin do 1°Trimestre

E ata aquí o primeiro trimestre, que voladiño pasou... Todo preparado para levar para a casa. Canto traballarom estes nenos e nenas!

Felices Festas familias!

Proxecto Illa Fantasía: Taller de velas

Hoxe levamos a cabo un taller de decoración de velas, e foron moitas as familias que nos acompañaron. Moitas grazas pola vosa colaboración!!

Todo xurde dunha carta que nos chega de Illa Fantasía, onde nos piden como tarefa esta decoración de velas. O papá de Lois, Sergio, encárgase de contala.

Unha vez explicado cómo ímos levar a cabo o taller, poñémonos mans á obra.
E así de bonitas quedaron!