EMOCIÓNS: SORPRESA (3 AÑOS)

Esta semana traballamos a SORPRESA! 😲

A sorpresa é unha emoción que aínda que dura moi pouco tempo, axítanos emocionalmente dunha forma moi agradable. E normalmente esta emoción da paso á alegría. 

Os nenos e nenas de 3 anos representamos dita emoción. Ahí van as nosas fotos:
E por suposto, seguimos facendo as nosas piruletas, as últimas xa:
E para rematar, repasamos todas as emocións traballadas:

CONTO: LOBO FEROZ (OQO)

Ola familias!!

 Déixovos aquí un conto que lles gustou moito aos nenos e nenas de 4 e 5 anos, "Lobo feroz" da editorial Oqo. Prometinlles que o colgaría para que o puideran ver dende as súas casas. Aquí está!!


E tamén a canción...





EMOCIÓN: MEDO (2ª PARTE) (3 ANOS)

Esta semana traballamos de novo o MEDO! 😱

O medo é unha reacción natural ante un perigo. É unha sensación desagradable que se apodera de nós. Pero o medo é moi útil porque nos protexe! Ter medo mantennos a salvo e impide que corramos riscos innecesarios.

Os nenos e nenas de 3 anos representamos dita emoción. Ahí van as nosas fotos:


E por suposto fixemos as piruletas! 

E así foi como quedaron... 


Déixovos aquí unhas cancións que escoitamos ás veces sobre as emocións:







EMOCIÓN: TRISTEZA (3 ANOS)

Esta semana traballamos a TRISTEZA! 😢

Ás veces ocorren cousas que nos poñen tristes. A tristeza é unha emoción básica e non debemos rexeitala, xa que moitas veces é necesario que a deixemos estar un ratiño con nós. É unha forma de pedir axuda, pode ser un motor para cambiar algo na nosa vida que non nos gusta e tamén pode servirnos para empatizar cos demáis. Polo que a tristeza pode axudarnos, o único que debemos procurar é que non se apodere de nós.

Os nenos e nenas de 3 anos representamos dita emoción.Ahí van as nosas fotos:

  

  
 

  


E por suposto, volvemos facer unha piruleta con dita emoción:


E así de tristes quedaron...

EMOCIÓN: ENFADO (3 ANOS)

Esta semana traballamos o ENFADO! 😡

Cando hai unha circunstancia que non nos gusta, pode xurdir o enfado. Esta emoción é unha reacción natural, pero debemos intentar mantela dentro duns límites. É dicir, podemos amosar e expresar enfado cando unha situación o merece, pero debemos procurar que sexa dunha forma controlada.

Os nenos e nenas de 3 anos representamos dita emoción, aínda que non nos resultou nada doado, jejeje. Ahí van as nosas fotos:

  
  
  


Tamén realizamos as piruletas con dita emoción:

  
  

  

E así de bonitas quedaron: