Esta semana xogamos co Tale-Bot

Esta semana a profe Lucía trouxonos un robot para aprender a programar! O Tale-Bot! Gustounos moitísimo!! Repetiremos!

Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro. Falamos deste día, de quen era Rosalía, de que grazas a ela celebramos o Día das letras Galegas,...


Vimos a proxección do vídeo de "Os Bolechas. Rosalía de Castro. Cantares Gallegos. As miñas primeras letras. Letras Galegas".




Pintamos unha rosa de Rosalía:



Despedímonos coa canción de "Rosalía pequeniña" de Sonárbore.







Gozamos decorando a nosa cara para o Entroido

Esta semana seguimos co Entroido. Fixemos unha actividade que lles gustou moitísimo, a de decorar a súa cara con diferentes materiais (gomets, plumas, rotus,...)

Así de bonitas quedaron! 😍

Día de Entroido 🎉

Hoxe celebramos a Festa de Entroido, que estivo pasada por auga 🌧️

Viñemos ao cole con disfraz libre. Todos e todas guapísimos e guapísimas!
E por supuesto pegámonos unha boa merendola 😋 Grazas familias pola vosa colaboración!