Fin de curso 🌞

Parece que foi onte cando comezábamos este camiño xuntos, con ilusión e moitas ganas de coñecernos. Nestes meses vimos como os vosos fillos e fillas medraban, gañaban autonomía, facían as súas primeiras amizades e enchían cada día de aprendizaxes, xogos e sorrisos. Sentímonos moi agradecidos pola vosa confianza e por permitirnos acompañalos nunha etapa tan especial.
Hoxe despedímonos deste curso co corazón cheo de fermosos recordos e cun chisco de nostalxia, xa que o curso que ven volveremos a vernos! 
Grazas polo voso apoio e proximidade en todo momento. Agora toca descansar, gozar en familia e seguir medrando. Foi un pracer compartir este tempo convosco.

Por suposto despedímonos cunha boa merendola.
Ata setembro!!! 🗓️

Mercado Mariñeiro

Hoxe celebramos o Mercado Mariñeiro con todos os produtos elaborados ao longo do curso escolar, e moitos grazas a vos que viñéchedes a facelos á aula! 
Os nenos e nenas ao longo do curso foron conseguido retos que lles propuxo Lecturitas, e a cambio de cada reto conseguían un doblón. Hoxe puideron comprar un produto con eses doblóns. Para iso foron acompañados do alumnado de 6° de primaria que os levaron polos postos a mercar.

Despois da merenda e recreo chegou o momento das familias. O alumnado puido acompañar aos seus familiares a mercar polo Mercado e tamén a atender o seu posto de venta. Cómo lles gustou vender!!!
Moitas grazas familias por acompañarnos un día máis, e aportar 💰 para un fin solidario.

Aniversario de Marco

Hoxe celebramos o derradeiro aniversario deste curso, o de Marco que cumple en agosto 4 aniños!

A súa familia acompañouno neste día tan especial, e preparou como actividade a elaboración dun peixe moi orixinal 🐟
Por suposto quixeron un baile dun peixe, e Marco elixíu a de "Baby shark"
Na merenda soplamos as velas e cantámoslle o aniversario.
Moitas grazas Jenni e Javi por vir celebralo con nós!

Xa temos bolboretas!!

E xa puxeron os ovos que nacerán a próxima primavera!

Charla da Escola Galega de Consumo

Hoxe viñeron da Escola Galega de Consumo para darnos unha charla. Partiron do exemplo do que se necesitaría para celebrar un aniversario de forma que fose un consumo responsable. Que se debería mercar e que non...
Como agasallo déronlles unhas sementes de petunias para que as planten na casa (xa leva o sustrato e as sementes). Nós na clase xa plantamos unha! A ver se sae pronto!

Aniversario Ian e Derek

Hoxe celebramos o aniversario por adiantado de Ian e Derek, que cumplen 4 aniños en xullo. Para iso María, a súa nai veu a celebralo con nós preparando varias actividades.

Primeiro ensináronnos un mural con fotos destes 4 aniños xunto coa súa familia ❤️
Despois ensináronnos uns vídeos nos que se amosa o seu pai pescando en altamar.
A continuación cóntanos o conto do sapo René, e creamos un sapiño para cada un.
E non nos podíamos ir sen bailar a canción de René!!
Para rematar fixeron unha carreira de vasos!
Moitas grazas por vir celebralo con nós María!! 
Por suposto na merenda soplaron as velas e cantámoslles o aniversario 🎂
Parabéns Ian e Derek!! A cumplir moitos máis!! 🎉