Analizamos a nosa man e a nosa altura!

Bo día familias! 

Seguimos traballando a autoestima e o autocoñecemento. Para comezar contamos o conto de "Grisela", de Anke de Vries e Willemien Min, sobre unha ratiña que pensaba que sería máis felíz si se pintaba doutras cores. 
De seguido fixemos a pegada da nosa man. 
E por último, medímonos coa axuda da profe Maty. Como medramos dende setembro!! 

A nosa familia...

 Ola familias!!

Debido a que o sábado 15 de maio é o día da familia, dedicamos a clase desta semana ás nosas familias tan especiáis. Tan especiáis como as do conto "Mi familia es especial", da autora Anna Rayo e a ilustradora Mónica Armiño, que nos fala sobre a diversidade familiar. Déixovos o enlace dun vídeo do conto, anímovos a que o vexades de novo cos vosos fillos e fillas e o comentedes con eles.



Falamos sobre como son as nosas familias, quenes a compoñen, se temos algunha mascota,... E debuxámolas. Quedaron así de bonitas... Premede para ver o vídeo:


Esperamos que vos guste o resultado e vos sintades identificados 😍