Saída á granxa do Ventoso

Este venres fixemos Unha excursión á Granxa do Ventoso. 
Vimos moitos animáis: caballos, ponis, un burro, peixes, cabras, o ellas, patos, ocas, pavos reais,... 
Déixovos un vídeo resume:



Illa Fantasía: feitizos e conxuros

Hoxe tivemos a derradeira visita de Mery Poppins ao cole. Fixemos entre todos un feitizo!! 
Mary Poppins díxonos que se escribimos ou debuxamos nunha nota o noso desexo, e o enterramos baixo unha arbore e lle botamos 5 pingas deste conxuro... Farase realidade!!
       

O corpo: os órganos internos no noso corpo

Hoxe descubrimos os órganos na nosa pel. Nun primeiro momento creron que de verdade hoxe deixara a pel na casa 🤣🤣
As súas caras foron un poema! Había caras de susto, de risa, de nervios,... 🤣🤣🤣 Ata que me dín a volta e ao ver a cremalleira unha das nenas se díu conta de que era un disfrace.
A continuación fixemos un xogo. Debían sinalar no corpo do compañeiro os diferentes órganos segundo a tarxeta que lles tocaba.
Foi curioso que non tod@s se atreveron a poñer o disfraz. 😅

Os sentidos: tacto, presión e cores

Esta semana Noel finaliza traballando:

- O tacto: deben sacar dúas figuras idénticas de cada saco só utilizando o tacto.
- A presión: deben premer a parte superior dos botes e relacionarlas segundo a súa dureza. Se son máis brandas ou máis duras.
- As cores: relacionar dúas cores idénticas dentro de toda a gama cromática.

O corpo: o corazón

Hoxe profundizamos mais no corazón. Falamos da súa forma (que non é como se soe debuxar ❤️), de que é un músculo involuntario, que sempre está funcionando e que é do tamaño do noso puño. Que se atopa entre os pulmóns, cara o lado esquerdo. E que o corazón é coñecido coma o motor do noso corpo, xa que é o que fai chegar a sangue a todo o corpo a través das arterias e as veas.

A continuación vimos un novo video:
E posteriormente falamos máis das veas e arterias. Investigamos sobre se alguna vez vimos a nosa sangue (a través dunha ferida por exemplo); e como un médico podería analizar a nosa sangue.

Para iso fixemos un xogo, onde nos convertimos en enfermeiros e enfermeiras e procedimos a sacar sangue:
A verdade que o pasaron xenial! Foi unha nova experiencia! Todos se amosaron voluntarios, e conseguimos recaudar moita sangue.

Corpo: Os órganos internos

Hoxe coñecimos a "Blanquita", así a chamaron os nenos e nenas de 4° de Infantil 🤣.
Puidemos observar cómo somos por dentro, e descubrir os órganos internos: cerebro, corazón, pulmóns, intestinos, rils,... E tocalos!
Aprendimos os seus nomes, onde están situados, as súas funcións principais, o seu tamaño,... Seguiremos profundizando sobre o tema.
Tamén vimos un vídeo sobre os órganos do noso corpo e traballamos sobre o tema:

Cre-Arte: Comezamos coa arquitectura!

E neste terceiro trimestre estamos a traballar a Arquitectura. Creamos casiñas e edificios utilizando rolos de papel, que logo pintaron e lles puxeron fiestras.

Os sentidos: o oído.

Nestas dúas semanas traballamos o oído. Tiñan dous botes, un azul e outro vermello, e tiñan que sacudilos e relacionar os dous que soaban igual. Non foi sinxelo! Noel segue sorprendéndonos!

Con estes xogos pásano xenial!!!