O corpo: o corazón

Hoxe profundizamos mais no corazón. Falamos da súa forma (que non é como se soe debuxar ❤️), de que é un músculo involuntario, que sempre está funcionando e que é do tamaño do noso puño. Que se atopa entre os pulmóns, cara o lado esquerdo. E que o corazón é coñecido coma o motor do noso corpo, xa que é o que fai chegar a sangue a todo o corpo a través das arterias e as veas.

A continuación vimos un novo video:
E posteriormente falamos máis das veas e arterias. Investigamos sobre se alguna vez vimos a nosa sangue (a través dunha ferida por exemplo); e como un médico podería analizar a nosa sangue.

Para iso fixemos un xogo, onde nos convertimos en enfermeiros e enfermeiras e procedimos a sacar sangue:
A verdade que o pasaron xenial! Foi unha nova experiencia! Todos se amosaron voluntarios, e conseguimos recaudar moita sangue.

No hay comentarios:

Publicar un comentario