ARXENTINA 🇦🇷

Como sabedes este curso estamos traballando o Proxecto de Interculturalidade. Neste trimestre estamos a investigar sobre os países de orixe do noso alumnado. Entre eles está Arxentina, e por iso no día de hoxe acudíu Carolina, a mamá de Marco, para falarnos mais sobre a beleza do seu país. Ademáis tivo dous axudantes, Marco e Pili (tamén con orixe arxentino). Aprendemos moito!!

Situámolo no mapa:
Localizamos os países veciños. Hai varios nenos e nenas da clase que teñen familia neles.
Vimos fotos de Buenos Aires
Observamos baleas
Falamos de fútbol 
Da comida típica
Dos pasaportes e a súa utilidade
Do Mate
E probamos o Doce de leite
Foi unha mañá diferente e moi productiva. Grazas por compartir as marabillas do teu país connosco Carolina

Xogo: cadeiras cooperativas

Hoxe xogamos ás "cadeiras cooperativas". Mentres soaba a música debíamos movernos ao redor das cadeiras, e ao parar sentarnos onde atopáramos unha libre.

Ao ser cooperativas non eliminábamos a ninguén. Se alguén quedaba sen cadeiras debíamos compratir a nosa con el/ella de manera que non quedara ninguén de pe. A dificultade é que cada vez había menos cadeiras.

Xogo: BINGO de outono


Bingo!!

Saída á Fundación ABANCA

Hoxe fixemos unha saída á Fundación ABANCA. Alí vimos unha exposición sobre "Animáis en perigo de extinción".

Saímos moi ilusionados! A primera saída deste curso.
Alí puidemos observar moitos cuadros con animáis en perigo de extinción. Aprendimos moitos nomes de animáis que non coñeciamos, explicáronnos algunas curiosidades,... E as fotos eran increíbles!
A continuación fixemos un obradoiro. Debíamos colorear un "Ajolote" e poñerlle unha pegatina metálica. A continuación fixemos un traballo de robótica co que podíamos facer sons co noso Ajolote.
Foi unha boa experiencia!

25N: contra a violencia de xénero

Esta semana fixemos nas aulas unha actividade que consistía en falarlle mal a unha silueta, dicirlle cousas feas, e mentras ila arrugando.

A continuación pedíamoslle perdón e íamos poñendoa ben e alisándoa, pero quedábanlle arrugas. Xa nunca volvería a ser como antes.
Non podemos tratar mal a ninguén, xa que despois o dano xa está feito por moito que lle pidamos perdón 😔

Proxecto: Bolboretas de diversos países

Unha das misións deste trimestre era investigar sobre as Bolboretas dos países aos que pertencemos na nosa aula.

Atopamos Bolboretas de todos os países: 
- Marruecos: Bolboreta tigre.
- España: Veloz andaluza.
- Venezuela: Morpho azul.
- Uruguay: Azufrada Coluda.
- Colombia: Bolboreta Flama.
- Argentina: Bolboreta bandeira Arxentina.
- Perú: Splendeuptychia Mercedes.

Por parellas ou tríos colorearon cada unha delas. Despóis colgámolas na aula coa súa bandeira.

Xogamos!

XOGO 1:
Para este xogo precisamos estar atentos e manter unha boa coordinación viso-manual. Así como aprender a coordinarse co compañeir@.
O xogo consiste en pasarlle ao compañeir@ un vasiño sen tocalo, so coa ayuda dun pao. E non pode caer!  Gustoulles moito 😊

XOGO 2:
Xogamos ao xogo "Roll and play". Consiste en lanzar o dado de cores, coller a tarxeta desa cor e realizar a acción que nos manda: buscar algo na clase desa cor, tocar a parte do corpo que nos indique, facer coma un animal específico,...