ARXENTINA 🇦🇷

Como sabedes este curso estamos traballando o Proxecto de Interculturalidade. Neste trimestre estamos a investigar sobre os países de orixe do noso alumnado. Entre eles está Arxentina, e por iso no día de hoxe acudíu Carolina, a mamá de Marco, para falarnos mais sobre a beleza do seu país. Ademáis tivo dous axudantes, Marco e Pili (tamén con orixe arxentino). Aprendemos moito!!

Situámolo no mapa:
Localizamos os países veciños. Hai varios nenos e nenas da clase que teñen familia neles.
Vimos fotos de Buenos Aires
Observamos baleas
Falamos de fútbol 
Da comida típica
Dos pasaportes e a súa utilidade
Do Mate
E probamos o Doce de leite
Foi unha mañá diferente e moi productiva. Grazas por compartir as marabillas do teu país connosco Carolina

No hay comentarios:

Publicar un comentario