Fin de Trimestre

Rematamos trimestre... Estes nenos e nenas de 5° de Educación Infantil traballaron moitísimo, e por iso agora merecen unhas boas vacacións.

Así de bonitas decoraron as súas bolsas:

As portadas dos Traballos:

E as postais para intercambiar co resto do alumnado do cole:

Papá Noel, Chocolatada e Badaladas

Hoxe tivemos un fin de curso moi entretido. A primeira hora tivemos a visita de Papá Noel.
De merendar unha Chocolatada. Que ricos estaban eses churriños co chocolate!!
E ás 12h soaron as Badaladas e comemos 12 gusanitos.

Exposición SADABONA 1° Trimestre

Esta semana vistamos a exposición elaborada por todo o alumnado do Centro do Proxecto anual SADABONA adicado á Interculturalidade. Este trimestre concretamente investigamos sobre os países de orixe das nosas familias.

SADABONA Fin de trimestre

Ao longo deste trimestre traballamos como sabedes os países dos que procedemos. Elaboramos unhas tarxetas onde sinalamos no mapamundi o país de orixe da nosa familia, un lugar destacado dese país e unha comida. Para iso utilizamos a información que enviástedes dende as casas.

Unha vez tiñamos feitas as tarxetas, cada día expoñiamos un país. Sinalábano no mapa, veíamos a distancia con España, buscábamos comidas e animáis típicos dese país, e buscábamos tamén lugares destacados. Quedamos abraiados con tantos lugares preciosos, e con ganas de visitalos todos!

Déixovos aquí un video resume das exposicións llevadas a cabo na aula:



O días 19 e 20 de decembro acudiremos a unha exposición levada a cabo por todos os cursos sobre os países de orixe de todo o alumnado do cole.

Visita dos carteiros de Sada!

Hoxe viñeron os carteiros de Sada para selar as postais de Nadal que chegarán ás nosas casas. Estade moi atentos ao buzón estes días. 
Selamos as postais (con axuda, xa que estaba moi duro o selo 😅), e metémolas no carro do carteiro

Estamos desexando que cheguen!! 🎄🎁

Contacontos Diversidade

Hoxe tivemos un contacontos onde se traballaba a sensibilizacion pola diversidade en colaboración co SAT do Concello de Sada.

Contaron un conto:
Xogamos á pelota cos ollos abertos,
pero tamén con eles pechados (a pelota tiña uns cascabeis dentro)
Puidemos ver e tocar un libro co sistema Braille 
E probamos a andar con bastón cos ollos pechados