SADABONA Fin de trimestre

Ao longo deste trimestre traballamos como sabedes os países dos que procedemos. Elaboramos unhas tarxetas onde sinalamos no mapamundi o país de orixe da nosa familia, un lugar destacado dese país e unha comida. Para iso utilizamos a información que enviástedes dende as casas.

Unha vez tiñamos feitas as tarxetas, cada día expoñiamos un país. Sinalábano no mapa, veíamos a distancia con España, buscábamos comidas e animáis típicos dese país, e buscábamos tamén lugares destacados. Quedamos abraiados con tantos lugares preciosos, e con ganas de visitalos todos!

Déixovos aquí un video resume das exposicións llevadas a cabo na aula:



O días 19 e 20 de decembro acudiremos a unha exposición levada a cabo por todos os cursos sobre os países de orixe de todo o alumnado do cole.

No hay comentarios:

Publicar un comentario