Aniversario Ian e Derek

Hoxe celebramos o aniversario por adiantado de Ian e Derek, que cumplen 4 aniños en xullo. Para iso María, a súa nai veu a celebralo con nós preparando varias actividades.

Primeiro ensináronnos un mural con fotos destes 4 aniños xunto coa súa familia ❤️
Despois ensináronnos uns vídeos nos que se amosa o seu pai pescando en altamar.
A continuación cóntanos o conto do sapo René, e creamos un sapiño para cada un.
E non nos podíamos ir sen bailar a canción de René!!
Para rematar fixeron unha carreira de vasos!
Moitas grazas por vir celebralo con nós María!! 
Por suposto na merenda soplaron as velas e cantámoslles o aniversario 🎂
Parabéns Ian e Derek!! A cumplir moitos máis!! 🎉

No hay comentarios:

Publicar un comentario