Os sentidos: o tacto

Está semana o mestre Noel preparounos unhas actividades relacionadas cos sentidos, onde se traballou concretamente o tacto.

Na primeira sesión traballouse sobre as telas, para saber se eran ásperas ou suaves. Nun primeiro momento as exploraron, e despóis por grupos debían recoñecer dúas iguais cos ollos vendados!!! Fixérono moi ben!!
Nunha segunda sesión traballouse o tacto a través de diferentes materiais: cálidos, fríos, diversas texturas,... E debían recoñecelos cos ollos vendados!


2 comentarios: