Postal Navideña. 3 anos.

Bo día familias! 

Esta última semana fixemos unha postal con axuda das mestras Isa e Maty. Quedounos moi chula! Esperamos que vos gustasen! Deixámosvos unhas fotiños do proceso:

En primeiro lugar compuxeron a frase "BO NADAL" cos cuños:
Despóis fixeron un debuxo navideño e decorárono con pegatinas:
E por último pintaron as mans e estampáronas compoñendo un reno:

E así de bonitas quedaron:
FELICES FESTAS FAMILIAS!!! 
DESFRUTADE MOITO DOS VOSOS E VOSAS PEQUENOS E PEQUENAS. ESTO NON SE REPITE! 
SAÚDOS. 

CONTO: RANA DE TRES OJOS

Bo día

Hoxe por maioría os alumnos de 5 anos pedíronme este conto sobre o reciclaxe e coidado do medio ambiente. 



AVISO: ACTIVACIÓN DE COMENTARIOS

 Bo día familias!

Creo que non tiña habilitado a posibilidade de poñer comentarios no Blogue, perdoade as molestias. E grazas ás familias que avisaron. Por defecto non aparecía habilitado.

Se aínda da problemas avisádeme a min ou á titora.

Grazas.

REPASO DAS EMOCIÓNS TRABALLADAS (3 anos)

Bo día familias! 

Agora que xa estamos a rematar o trimestre fixemos uns xogos para repasar as emocións traballadas: alegría, tristeza, enfado, sorpresa, calma e medo. Pero a maiores aprendimos outras novas como a vergoña e o amor. 

Un dos xogos consistía en unir os emoticonos traballados nas piruletas con fotografías reais que amosaran a mesma emoción. Fixérono xenial!!! 


E o seguinte xogo foi o de identificar emocións traballadas (alegría, enfado e tristeza) e guiar o robot ata elas:




Pasámolo moi ben! Repetiremos! 


CONTOS: Pájaro amarillo. Monstruo azul.

Ola familias! 

Esta semana con motivo do Día Internacional das personas con discapacidade, vimos o conto de "PÁJARO AMARILLO" de Olga de Dios. Gustoulles moito a verdade...



Outro conto que lles gustou moito foi o de "MONSTRUO AZUL" da mesma autora, que nos fala da importancia de escoitar aos demais para vivir e convivir nun mundo mellor.