Que queremos ser de maior...

Bo día familias! 

Nesta semana traballamos co conto "Todos menos uno", de Éric Battut. No que conta a historia dun guisante que quería ser diferente aos demáis. Premede na imaxe do conto para velo:

Falamos dos conto, do que lle gustaría ser ao guisante, e do que nos gustaría ser a nós! Houbo de todo un pouco!! 

A continuación traballamos coa plastilina. Fixeron os seus guisantes orixinais:

Un saúdo!

As miñas cousas favoritas!

Bo día familias! 

Esta semana dedicámonos a analizar As nosas cousas favoritas: a nosa cor preferida, o lugar favorito, o pasatempo, a comida... Algúns tiñano moi claro, outros non tanto 😅😅 Esta actividade serviunos para coñecernos mellor.

Déixovos aquí unha galería de imaxes dos nosos traballos na aula (picade na imaxe):



E seguimos cos contos... Esta semana tocou o de "GUAPA" de Canizales:


"Hola, soy la Bruja. Estoy muy contenta porque tengo una cita. Yo me veo muy GUAPA, pero no todos piensan lo mismo. No paran de darme consejos y no sé qué hacer. ¿Tendrán razón? ¿Es posible agradar a los demás y sentirme bien al mismo tiempo?"


Coñecémonos...

Bo día familias! 

Este trimestre ímos dedicarnos a coñecernos un pouquiño máis a nós mesmos e traballar un pouquiño máis a autoestima. Para comezar dito proxecto empezamos por observarnos a nós mesmos e compararnos cos demáis, observando que todos somos diferentes, que non hai no mundo ninguén coma nós, todos somos especiais.

Lemos o conto de "Martín Gris", comentámolo, e debuxámonos a nós mesmos fixándonos ben en cómo son os nosos ollos, o noso pelo,... Moitos de nós non sabíamos nin de cor tiñamos os ollos!!!

Déixovos o conto e un pequeno vídeo sobre os debuxos que fixeron deles mesmos (pinchade na imaxe):

  


Día Mundial de concienciación do Autismo

                                   #DiaMundialAutismo
                                   #PuedoAprenderPuedoTrabajar