Bo día familias!
Esta semana fixemos un novo experimento! Creamos un ovo saltarín. Metemos o ovo en vinagre e deixámolo reposar 72 horas. A cáscara do ovo ao entrar en contacto co vinagre produce unha reacción química que fai que esta se disolva. Fórmase tamén unha capa grosa e gomosa, xa que o ácido acético do vinagre desnaturiza parte da clara. Así o ovo vólvese brando e non rompe ao botar. Déixovos un vídeo: