Fin do 2° Trimestre

E aquí remata o segundo trimestre!! Pasou moi rápido, sen decatarnos! Pero agora esta rapazada merece un descanso despóis duns meses de tanto traballo!

Coas súas portadas e as súas bolsiñas decoradas ían contentísimos para a casa...

Levamos a cabo varios proxectos: o de inverno, o do Entroido (Yayoi Kusama), o do corpo humano (que continuará no 3° trimestre), o de Illa Fantasía (anual) e o de Cre-Arte (escultura).

Déixovos unhas fotiños dos gorros que fixeron as familias para este trimestre dentro do Proxecto de Illa Fantasía:
A continuación tedes a exposición dos traballos de escultura de Educación Infantil. Recordade que tedes os de todas as clases na páxina web do cole!



Materiais aportados polas familias sobre o corpo humano

As familias seguen a traer material para o Proxecto do corpo.

Alonso trouxo un libro sobre os osos, os músculos, os órganos,...
Amets tamén compartíu o seu libro con toda a clase:
Lois trouxo uns crebacabezas:
Moitas grazas familias!! 🤩

Salvemos o Planeta. 6° sesión.

Hoxe foi a última sesión coa profe Rocío. Recordounos todos os traballiños que fixemos estas últimas semanas e que debemos seguir facendo para coidar do noso Planeta.
A continuación, como premio por facelo tan ben, entregoulles uns carnés.
Quedamos encantados!!! 

Salvemos o Planeta. 5° sesión

Na actividade de hoxe a mestra Rocío fálanos do calentamento global. De cómo nos está a afectar.

- Primeiro veron un vídeo:



- Despóis fixeron un experimento:

Nun tupper colocou uns bloques de plastilina cuns cubiños de xeo e un poco de agua ao redor (o océano). Marcaron no tupper ata onde chegaba a auga.


Despóis quentou co secador (debido ao quentamento que está a sufrir a Terra). E os xeos derretíronse!!




Observaron cómo o xeo desapareceu pero no tupper había máis auga! Estaba por enriba da liña que marcáramos nun principio! A qué era debido?


Reflexionaron sobre o que acontecera.


🌎♥️

Proxecto Cre-Arte: escultura do esqueleto

Seguimos creando para o Proxecto Cre-Arte. Hoxe creamos un esqueleto con rollos de papel hixiénico e de cocina que trouxeron as familias.

Primeiro pintámolos da cor dos osos:
E unha vez secos pegámolos formando un esqueleto:
Xenial!!! Xa coñecemos un montón de osos!!

Salvemos o Planeta, 4° sesión

Seguimos aprendendo sobre qué cousas podemos facer para coidar o Planeta. Hoxe tocou plantar lentellas.

Enchemos un vasiño (reciclado) con algodón:
Regámolo:
E colocamos as lentellas de unha en unha:
Cada equipo terá que coidar da súa planta. Terán que regala a miúdo:
Por último fixéron un debuxo do que fixeron:

Proxecto corpo humano: colocamos os osos.

Hoxe traballamos co esqueleto que nos trouxo Luna e a súa familia. Grazas a él aprendemos onde colocar as partes do corpo e repasamos os nomes:
Outras familias seguen aportando material. Hoxe Leo F tróuxonos radiografías do seu propio corpo!!! E recórdanos o importante que é o calcio para os nosos osos e onde o podemos atopar!

Proxecto Corpo: o esqueleto

Este trimestre estamos a traballar o corpo humano. 
Nun primeiro momento fixámonos nas partes do noso corpo, repasamos os seus nomes,...
Fixámonos no noso color de pelo, de ollos,... E pudimos observar unhas maquetas con forma de ollos, grazas as cales puidemos distinguir ben as súas partes (iris, pupila, e esclerótica)
Agora estamos a traballar o esqueleto humano. Cantos osos temos!! Para iso temos de visita na aula a Manolo 💀.
As familias tamén aportan material. Aquí temos un traballo feito por unha alumna cuanto coa súa familia.