Illa Fantasía: chega un ovo de dragón!

O outro día chegounos unha carta avisando que a Dragona Iris perdeu un dos seus ovos nunca parroquia de Sada! Decidimos dar unha volta ao cole por se o localizábamos. Pero non houbo sorte.
Esta semana apareceu o ovo no cole e dixemos as palabras máxicas para que Iris saiba onde está e poida vir buscalo! "Plumas, escamas e pelos. Un ovo de dragón temos".

Cabazas do Samaín

Os nenos e nenas de 6° de Infantil trouxeron moitas cabazas decoradas das súas casas! 🎃

Decoramos cabazas

Hoxe decoramos a clase con cabazas para o Samaín.
Con estes materiais cada un creou a súa cabaza.
Quedaron así de resultonas 🎃

PDI: o cómic

Hoxe chegou á nosa clase unha carta de Lecturitas, que nos pedía axuda para descubrir unha serie de personaxes que atopou na Coruña en agosto, en Viñetas do Atlántico. Estaban Superman, Spiderman, Carpanta,... por toda a cidade!
Na carta había unha sorpresa! Traía un marco con superheroes que debemos investigar para axudar a Lecturitas a coñecer todas esas personaxes.
Ahora toca investigar!!

Aniversario de Víctor

Hoxe a nai de Víctor e a súa tía Noe viñeron realizar unhas actividades á aula. Fixeron un montón de cousas, e pasárono xenial! Presentáronse, explicaron as actividades e comenzaron cun conto.
A continuación plantaron, nuns vasiños coa súa foto, unhas sementes para que lles crezca herba a modo de pelo. Que logo coidarán nas súas casas e lles cortarán.
Despóis xogaron ao Dobble e a recolectar bichos en dous grupos.
Moitas grazas familia por vir a facer estas actividades con nós.

Tamén o celebramos na merenda!

Aniversario de Danna

Hoxe celebramos o aniversario de Danna, que cumpríu 5 anos. A súa nai veu celébralo con ela, grazas Viviana. Fixeron unha manualidade para toda a clase, unha raniña que se incha ao soplar pola palliña.
Grazas por vir Viviana!!

Tamén o celebramos na merenda, con gusanitos e soplando as velas da nosa tarta de madeira.

Aniversario de Marco

Hoxe a familia de Marco veu celebrar o seu aniversario á aula, e facer unha actividade. Leron 2 contos, onde participaron tod@s @s nen@s da aula. Son os seguintes:

Onde cada neno ou nena representou un animal. Menos Alonso, que foi a lúa.

Neste conto os nenos e nenas representaron as personaxes. Santi representou ao coelliño branco, o protagonista. Que se ía atopando con otros animáis.
Desfrutaron moito cos contos 🤩

Tamen celebrámolo na merenda! Cantando as cancións do aniversario e soplando as velas!