ENTROIDO! 🤩

Rematamos a semana celebrando o Entroido!

Segundo coa temática do Proxecto disfrazámonos de Superheroes e Superheroínas.


Tamén participaron as familias no desfile🥰


E por último tomaron unha boa merendola con cousas típicas do Entroido. Grazas familias pola vosa aportación.


Un día especial! 🥳

Mandadiños do Meco

Esta semana previa ao Entroido seguimos os mandadiños do Meco 🎉🎊

Luns: capa.
Martes: gafas ou antiface.
Mércores: gorro.

Xoves: libre

Día de Rosalía de Castro

Onte celebrouse o Día de Rosalía de Castro, para o que representamos entre todo o cole un poema desta escritora. A nosa clase participou nun verso.

Charla STOP ACCIDENTES

Hoxe tivemos un taller explicativo para o comezo do "Camiño escolar seguro" da man dun técnico da Asociación de Stop Accidentes.

Aniversario de Leo Jorge!

Hoxe a familia de Leo Jorge veu celebrar o seu aniversario preparando un lote de actividades. Pasárono genial con tanta variedade!

Primeiro explicaron todo o que iamos facer:

A continuación por equipos participamos nas diferentes actividades. Foron rotando por todas.

Xogaron coa area máxica (unha area que non se mollaba):
Aos aros:
A debuxar nun papel moi especial rascando:
E a facer pompas, que foi o que máis lles gustou!!

Moitas grazas familia por vir! Pasárono moi ben!
Tamén o celebramos na merenda soplando as velas e pedindo un desexo:

14 DE FEBREIRO

Hoxe celebramos o día de San Valentín amosando o noso amor e cariño polos demáis.

Para iso a profe Lucía organizou unha actividade entre todo infantil. Cada un diseñou un bico e logo serían intercambiados con nenos e nenas de outros cursos de infantil.


Cada un recibíu un 💋


Tamén diseñamos un corazón mediante o grafismo creativo que estamos a traballar este curso. 


E para rematar limos o conto "Adivina cuanto te quiero".

Visita de Dragonlady. 5° ovo!

Hoxe tivemos outra visita de Dragonlady, aproveitando que pronto estamos a 14 de febreiro, falamos do amor ❤️. 
E tamén nos contou que naceu un novo ovo, o de Soñeiro, de cor vermello.
Dragonlady avisaranos cando estén as pistas colocadas nas distintas parroquias onde están aparecendo os novos ovos.


A continuación bailamos o "Kumananá"

Pintounos un corazón con poder de dragón:
E despedíuse!
Algúns aproveitaron para facerlle un regaliño:
Encántalles estás visitas! 🥰

Terceiro premio que gañamos en Palabreando

Hoxe recibimos outro premio no concurso de PALABREANDO. 

Visita de Dragonlady de Illa Fantasía

Hoxe tivemos a visita de novo de Dragonlady, que nos trouxo a cuarta carta. Xa apareceu o cuarto ovo! Está en Osedo!

Tamén bailamos a canción de Kunananá.

E botoulles un pouco de brillibrilli máxico para que tiveran o poder de camuflaxe!
Tod@s estaban moi emocionados pola visita.