Comezamos coas tarefas do encargado

Hoxe é o primeiro día que vimos á escola en horario completo e xenial! Adaptáronse moi ben!

Tamén comezamos coas tarefas do encargado. Hoxe tocoulle a Lucas: pasamos lista, poñemos o tempo, a estación... E iremos ampliando tarefas ao longo do trimestre.

Primeiros días do periodo de adaptación

Comezamos curso!!!!! Preparados para vivir unha nova etapa!!!! Benvidos ao cole de maiores!!

Comezamos o periodo de adaptación en 4° de infantil.

Coñecémonos, descubrimos espazos do cole, novas rutinas,...

Que ben o están a facer!!