Xa empezan a chegar novas sobre o mar.
14/11/25 Hoxe Zoe e Bruno trouxeron noticias sobre a contaminación, especies en extinción, a importancia de comer peixe,... E explicárono moi ben 📰🗞️
Máis noticias 17/11/25. Luciano e Maia trouxeron máis novas sobre a contaminación e os arrecifes de corais.
20/11/25 Kai traeunos novas sobre o mar de ardora. Que é, e onde o podemos atopar en Galicia.
25/11/25 Carmen e Zoe trouxeron novas sobre os animáis en extinción, a desaparición de moitos corais e a desgraza do Prestixe.
3/12/25 Marco falounos da contaminación do mar e de como é moi nocivo para nos e para os animáis mariños.
Esperamos seguir recibindo novas durante todo o curso.
Grazas familias!
18/12/25 Este Mural cada vez está máis cheo!! Hoxe Anxo falounos da balea que apareceu na Coruña.
16/01/26 Zoe volveunos traer unha nova! Esta vez sobre un tiburón foca que apareceu onte en Luarca (Asturias). Destacounos ese ollo tan grande para ver nas profundidades e o seu espiráculo.
Tamén fixo unha cana cun limpapipas pescando o tiburón.
22/01/26 Hoxe Valentina falounos do sono das medusas e anémonas, que é moi similar ao noso. Tamén fixo unhas medusas preciosas coa súa familia.
Enrique trouxo un mural do fondo Nariño. Falando de todo o que ahí nel e o importante que é que o coidemos.
25/02/26 Hoxe Kai trouxonos unha nova de que lle están a buscar unha moza a Gastón (o tiburón do Acuario da Coruña).