Día da Paz

Para o día da Paz participamos no mural coa palabra “Compartir”, unha palabra da que falamos todos os días na aula e moi importante para acadar un clima de Paz.

Tamén fixemos unhas pulseiras para este día.

Todos e todas contamos

Hoxe fomos ao contacontos "A serea no océano". Para iso xuntámonos con alumnado de 5° de EI.

Despois de ver o contacontos creamos unha medusa.

Visitamos a exposición MareSada

Hoxe visitamos a exposición dos cadros que fixemos para o reto de Lecturitas. Por suposto no que máis se fixaban era no que fixemos nós 🤣
Lecturitas propúxonos dous retos novos para este trimestre: crear un caderno de Bitácora, e facer un documental con todo o cole. Así que toca seguir traballando 😊

Comezamos co préstamo da Mochila viaxeira!

Durante uns días a rapazada da nosa aula, por turnos, levará a mochila para a casa, a cal contén libros, un caderno de traballo e a Pepe (un pequeno elefante que deberán coidar).

Aniversario Nathan

Hoxe celebramos o derradeiro aniversario de xaneiro con Nathan, que cumple 4 anos, e veu a celebralo coa súa nai! Prepararon unha actividade moi chula! Cada alumn@ creou un arrecife de coral.

Cada nen@ coloreou diferentes animáis mariños e pegouno no arrecife: tartarugas, peixes, golfiños,... Quedaron espectaculares!
Moitas grazas por vir celebralo con nós!! Nathan estaba felíz!
E @s compañeir@s felices tamén, jajaja Menudo abrazo de despedida 🫂 

Despois na merenda cantamos o aniversario e soplou as velas. Parabens!!

Aniversario de Bruno

Seguimos cos aniversarios!! Hoxe celebramos o de Bruno!! 4 aniños!!
A familia de Bruno veu a celebralo connosco, e preparou unha manualidade moi chula: un polbo!

O alumnado debía colorear a parte de abaixo, encher o vasiño de cores con papel de seda e colocarlle os olliños.
Quedaron moi vistosos. Hoxe ían tod@s content@s puidendo levalos para a súa casa.

Moitas grazas María e Miguel por vir a celebralo con nós e preparar esta actividade tan chula.

Antes da merenda tamén lle cantamos o parabens a Bruno e soplou as velas.
Parabens Bruno!!!



Aniversario de Anxo

Comezamos a volta das vacacións xa con aniversarios!! Hoxe celebramos o de Anxo, pero aínda quedan máis 😉

Acompañounos a súa familia preparando unha actividade ben chula.
Tiñan que facer peixes de cores con limpapipas.

A continuación xogaron a pescalos e clasificalos por cores.

Moitas grazas Sheila e David por vir a acompañalo nun día tan especial!

Na merenda cantámoslle o aniversario e soplou as velas. Xa son 4 anos!!!
Parabens Anxo!!!