BINGO DAS EMOCIÓNS

Bo día familias! 

Esta semana, e xa para rematar o trimestre, repasamos as EMOCIÓNS xogando ao BINGO.

Premede na imaxe para ver o vídeo:


ALEGRIA

Bo día familias! 

Este trimestre decidimos crear en todos os cursos un mural sobre as emocións. En infantil representamos 3 emocións: a ALEGRÍA (3 anos), o ENFADO (4 anos), e a TRISTEZA (5 anos). Para realizalo puxemos as nosas caras formando a inicial da emoción. 

Amósovos o traballo dos vosos fillos e fillas. Pinchade na imaxe para ver o proceso de elaboración. Espero que vos guste! 

ENTROIDO

Boas familias! 

Deixovos por aquí un conto sobre o Entroido. Espero que vos guste! Chámase "Ricitos de Oso".


No blogue da biblioteca podedes encontrar montón máis! 

Un saúdo!

Día da PAZ. Parte 2

Bo día familias! 

Seguimos a traballar a temática da Paz. Hoxe fixemos moitas cousas...

Primeiro limos o conto "Negros e brancos" De David McKee, adaptándoo para 3 anos (xa que polo medio é un pouco violento e modificámolo un pouco). 


Nel conta a historia de que fai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Pero houbo un grupiño de elefantes negros e brancos que non estaban moi a favor da guerra, e escondéronse no bosque. Moitos anos despóis, saíron da selva os netos deses elefantes amantes da paz, e xa non eran brancos e negros, senon grises! Que son os que quedaron no mundo e coñecemos nós! 

Para iso, fixemos unha pequena actividade no medio do conto. Pintamos unha man dunha elefante branca e outra man dun elefante negro (de eses elefantes que se agocharan no bosque). E vimos cómo de eses elefantes que vivían en paz, ao xuntarse e vivir xuntos (xuntando así as mans), saíron netos e tataranetos grises!!! Por iso agora tooodos os elefantes do mundo son grises 🐘🐘. 



Outra das actividades foi clasificar as condutas que colorearon a semana anterior, segundo eran positivas e fomentaban a Paz ou negativas. 



E así de chulo nos quedou o mural... 😍




Día da PAZ. Parte 1.

Bo día familias! 

Esta semana comezamos a traballar o día da Paz. Estivemos falando do que é a Paz e das condutas que a representan. 

Puxemos exemplos de diferentes situacións e clasificáronnas en axeitadas ou non. Teñen moi claro o que se debe facer e o que non.

A continuación entregueilles uns debuxos que colorearon e que clasificaremos o próximo día nun mural. 

Repasamos as emocións traballadas. 3 anos

Bo día familias! 
Esta semana, debido a que levamos moito tempo sen traballar as emocións, fixemos un breve repaso das traballadas no primeiro trimestre. 

Para comezar fixemos un xogo onde cada nen@ representaba unha emoción que debían adiviñar @s compañeir@s. Este xogo aínda lles custou un pouquiño...

De seguido, xogamos a ordenar as caras de difentes nenos e nenas cos seus emoticonos correspondentes. Xa xogamos máis rápido que antes do Nadal! 

 
 

Despois, cada nen@ elixía os emoticonos que reflectían a emoción que sentían nese intre, e explicábanlla ao equipo. 

E por último, escoitamos algunas cancións relacionadas coas emocións. Déixovos unha:




Postal Navideña. 3 anos.

Bo día familias! 

Esta última semana fixemos unha postal con axuda das mestras Isa e Maty. Quedounos moi chula! Esperamos que vos gustasen! Deixámosvos unhas fotiños do proceso:

En primeiro lugar compuxeron a frase "BO NADAL" cos cuños:
Despóis fixeron un debuxo navideño e decorárono con pegatinas:
E por último pintaron as mans e estampáronas compoñendo un reno:

E así de bonitas quedaron:
FELICES FESTAS FAMILIAS!!! 
DESFRUTADE MOITO DOS VOSOS E VOSAS PEQUENOS E PEQUENAS. ESTO NON SE REPITE! 
SAÚDOS. 

CONTO: RANA DE TRES OJOS

Bo día

Hoxe por maioría os alumnos de 5 anos pedíronme este conto sobre o reciclaxe e coidado do medio ambiente. 



AVISO: ACTIVACIÓN DE COMENTARIOS

 Bo día familias!

Creo que non tiña habilitado a posibilidade de poñer comentarios no Blogue, perdoade as molestias. E grazas ás familias que avisaron. Por defecto non aparecía habilitado.

Se aínda da problemas avisádeme a min ou á titora.

Grazas.

REPASO DAS EMOCIÓNS TRABALLADAS (3 anos)

Bo día familias! 

Agora que xa estamos a rematar o trimestre fixemos uns xogos para repasar as emocións traballadas: alegría, tristeza, enfado, sorpresa, calma e medo. Pero a maiores aprendimos outras novas como a vergoña e o amor. 

Un dos xogos consistía en unir os emoticonos traballados nas piruletas con fotografías reais que amosaran a mesma emoción. Fixérono xenial!!! 


E o seguinte xogo foi o de identificar emocións traballadas (alegría, enfado e tristeza) e guiar o robot ata elas:




Pasámolo moi ben! Repetiremos! 


CONTOS: Pájaro amarillo. Monstruo azul.

Ola familias! 

Esta semana con motivo do Día Internacional das personas con discapacidade, vimos o conto de "PÁJARO AMARILLO" de Olga de Dios. Gustoulles moito a verdade...



Outro conto que lles gustou moito foi o de "MONSTRUO AZUL" da mesma autora, que nos fala da importancia de escoitar aos demais para vivir e convivir nun mundo mellor.