XOGO DE ATENCIÓN

 E xa que este curso imos traballar o tema dos Bichos, déixovos un xogo a continuación para traballar a atención.

DEBES BUSCARLLE A CADA XOANIÑA A SÚA PARELLA:


Mariquitas, una ficha interactiva de Laura1920Rut
liveworksheets.com

CANCIÓN SOBRE A NOVA SITUACIÓN NO COLE

Despóis de varios meses nas nosas casas voltamos ao cole, pero non é o mesmo que antes... nel xurdiron varios cambios.

As aulas están máis baleiras, temos menos material, menos mobiliario e menos xoguetes; sentámonos lonxe uns doutros; so podemos xogar cos compañeiros e compañeiras do noso equipo; debemos permanecer sempre no noso sitio e non dispoñemos case de lugares comúns; non compartimos material persoal;... Pero aínda así pasádelo ben! Adaptádesvos ao que sexa!! sodes uns campións e campionas!!

A continuación vos deixo unha canción sobre a nova rutina de cole. Espero que vos guste!



 

BENVIDA RAPAZADA!


En primeiro lugar vou a prentarme. Son María, a mestra de apoio de infantil, polo que vou estar ao longo do curso nas vosas aulas axudándovos en todo o que esté ao meu alcance, moitos xa me coñecedes do curso pasado!

Este Blogue vai dedicado a vós, a todo o alumnado de Educación Infantil do "CEIP Sada y sus contornos". Nel poderemos atopar recomendacións de contos, xogos, experimentos, actividades, recursos,... todo o que xurda ao longo deste curso tan especial.