Despóis de varios meses nas nosas casas voltamos ao cole, pero non é o mesmo que antes... nel xurdiron varios cambios.
As aulas están máis baleiras, temos menos material, menos mobiliario e menos xoguetes; sentámonos lonxe uns doutros; so podemos xogar cos compañeiros e compañeiras do noso equipo; debemos permanecer sempre no noso sitio e non dispoñemos case de lugares comúns; non compartimos material persoal;... Pero aínda así pasádelo ben! Adaptádesvos ao que sexa!! sodes uns campións e campionas!!
A continuación vos deixo unha canción sobre a nova rutina de cole. Espero que vos guste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario