No mes de outubro participamos como clase no concurso "PALABREANDO" levado a cabo polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Cada día analizábamos a palabra do día (leíamola, víamos o seu significado, fotos,...) e anotábamola. A final de semana votábamos a que máis nos gustaba e recollíamolo nun papel, que logo introducimos a final de mes na Caixa de PALABREANDO.
E esta semana recibimos a sorpresa de ser seleccionados para un premio. Recibimos unha bolsa, dúas caixiñas de tizas para o patio e un diploma.
Seguiremos participando!!
https://otarabelosadaysuscontornos.blogspot.com/2024/11/ganadoresas-no-concurso-palabreando-mes.html?m=1