Primeiro fixemos un xogo para traballar o tacto. Debían xirar a ruleta e atopar unha tarxeta con esa mesma textura. Resultoulles máis difícil do que pensaban 😅
A continuación fixemos un xogo para inventar historias segundo o que saíra nos dados. Inventamos 4 historias polo menos!!
E por último, pintaron unhas pedras para transformalas nun peixe, nun polo, nun gato ou nunha xoaniña. Leo S. que xa é un experto fixo un ourizo!
E por suposto na merenda soplamos as velas, tomamos gusanitos/palomitas e cantámoslle! Esperemos que cumpla moitos máis! Parabens Leo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario