Paso a Primaria

Hoxe tivemos un día especial no cole. Fixemos un encontro co alumnado de 1° de primaria.

Lucía, a orientadora, explicounos os cambios que ímos ter o curso que ven.
A continuación fixemos unha búsqueda do tesouro por equipos mesturados co alumnado de 1°. Pasámolo genial!!
E por último fixemos a merenda e patio cos de Primaria. Xa somos maiores!!

Aniversario de Amets

Amets celebrou o seu aniversario coa súa nai, que viñeron a facer catro talleres.
Un era para completar animáis:
Outro para facer pulseiras:
Outro para facer bolas relaxantes:
E o último para facer figuriñas:
Na hora da merenda cantámoslle e soplou as velas!

Moitas grazas Zoraida por vir celebrar o cumple de Amets con nós. 🎉🎂

Premio Xabaconcurso

Onte domingo na Casa da Cultura déronlle a Lucía Belén o premio de 6° de Infantil do Xabarin Club. Noraboa Lucía!

Encontro Illa Fantasía 🐉

O venres 30 de mayo celebramos o Encontro de Illa Fantasía xunto co cole de Mondego.

Este curso estaba dedicado ao coñecemento das 8 parroquias de Sada: Veigue, Mondego, Mosteirón, Osedo, Sada, Meirás, Carnoedo e Soñeiro.

O alumnado tiña que cumplimentar un pasaporte coñecendo as distintas parroquias ao longo do curso. Unha vez cumplimentado celebramos o Encontro.

O venres reunímonos para merendar e soltar un globo que creamos entre os dous coles. Foi algo máxico!! Déixovos algunas fotos.

Por último Dragonlady (Perla) repartíu os unicornios ao alumnado de 6° de EI: