Aniversario Kélany

Hoxe celebramos por adiantado o aniversario de Kélany, que en xullo cumpre 6 anos.

Fixeron varias actividades e xogos. Primeiro pintaron un príncipe/princesa, xa que a Kélany encántanlle!
Despóis fixeron unha procura na aula para atopar unhas fichas de Superman ou Spiderman.

A continuación xogaron á pita cega, e ao que pillara Kelany tiña que elixir un papel para ver que libro lle tocaba.
E por último fixéronme un regalo entre todos. Grazas Ilianet por organizalo 😍
Precioso!!
Grazas por vir compartir estes momentos con nós.

Na hora da merenda cantámoslle e soplou as velas. Tamén comemos os gusanitos 😋

No hay comentarios:

Publicar un comentario