Papa Noel encargarase de repartir as postais do alumnado de todo o cole entre eles. Polo que o último día cada neno/a levará unha postal doutro curso para a casa.
Decoracións de Nadal
A semana pasada creamos as postais de Nadal. As podedes ver no corredor, na nosa entrada.
Robótica: TALE
Hoxe a profe Lucía presentounos a TALE, un robot co que ímos traballar ao longo do curso: segue ordes de movemento, repite o que lle dicimos, baila, pon música,...
Por grupos fomos traballando con TALE: aprenderon a grabarse, a realizar movementos cara adiante (dun ou dous movementos) e a que bailase. Gustoulles moito!!
MareSada: "A Praia"
Levamos a cabo unha última actividade para este trimestre que nos axudará a acadar outra moeda máis que nos dará Lecturitas!!
Neste caso tiñamos que pintar un lienzo onde leváramos a cabo unha temática sobre o proxecto. E decidimos que o faríamos dunha praia, algo que está moi preto de nós aquí en Sada.
Pensamos en todo o que pode haber nunha praia e puxémonos mans á obra!!
O alumnado colaborou traendo cousiñas da Praia: cunchas, pedras, unha rede,... que logo pegamos no cuadro. E puxémoslle area de verdade!
Día Internacional das persoas con discapacidade
Hoxe falamos das persoas con discapacidade. E aproveitamos para facelo co conto "¿Quieres nadar conmigo?" de Cristina Torrón.
Un mar de palabras
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole propúxonos a todas as clases que traballasemos unha palabra cada día en galego. E que seleccionáramos unha de cada mes para pegar no mural "Un mar de palabras".
Hoxe pegamos a de novembro: "Cantadela", e cada mes pegaremos unha.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)