Iniciámonos no metodo científico. 4 anos

Bo día familias!

Este curso iniciarémonos no Método Científico, na realización de diversos experimentos relacionados coa alimentación, para seguir coa temática que se traballará este curso na Educación Infantil e no Proxecto Illa Fantasía. 

Para iniciarnos falamos do método Científico e dos seus pasos a seguir. Para iso axudámonos do segunte vídeo que o explica moi ben:



1. Recortamos e pegamos as imaxes relacionadas cos pasos dos método científico:


2. Ordenamos os pasos:


3. Decoramos:


4. Rematamos a ficha:


Déixovos unhas fotos para que vexades como traballaron est@s pequen@s cientific@s:


Un saúdo familias! 

Iniciámonos no Método Científico. 5 anos

Bo día familias! 
Este curso iniciarémonos no Método Científico, na realización de diversos experimentos relacionados coa alimentación, para seguir coa temática que se traballará este curso na Educación Infantil e no Proxecto Illa Fantasía. 

Para iniciarnos falamos do método Científico e dos seus pasos a seguir. Para iso axudámonos do segunte vídeo que o explica moi ben:



A continuación recollimos o aprendido nunha fichiña:

1. Escribimos os nomes das distintas partes do Método Científico:
2. Ordenamos de forma numérica estes pasos:

3. Pegamos as fotos relacionadas cos pasos:

4. E así finalizamos a ficha:

Como traballou esta rapazada!!

Un saúdo familias!!

Alimentación saudable e comida basura.

 Bo día familias!

Seguimos traballando a Alimentación saudable. Para iso hoxe comezamos cun vídeo sobre Groovy, que é un marcianiño ao que lle encanta a comida saudable, e que rexeita a comida basura. Non lle ocorre o mesmo a Phoebe, que detesta algunhas froitas e verduras.

Déixovos o vídeo. Vimos os primeiros 4 minutos e o coementamos.

 A continuación rematamos a tarefa iniciada o outro día. Déixovos unhas fotos:


Alimentación saudable

 Bo día familias!!!

Xa estamos aquí de novo!! Un curso máis!!

Este curso en Educación en Valores traballaremos sobre o Consumo responsable. E este primeiro trimestre dedicarémolo á Alimentación saudable.

Hoxe comezamos facendo unha chuvia de ideas para saber qué sabían sobre a alimentación, concretamente para qué serve comer. E tamén falamos sobre os alimentos que debemos comer e cales non.

Con isto chegamos á conclusión de que os alimentos sérvennos para crecer, ser fortes, non enfermar, ter enerxía,... E reflexionamos sobre qué pasaría se comésemos mal: non creceríamos, enfermaríamos,...

A verdade que a maioría sabe dicir alimentos saudables e non saudables, pero aínda hai algúns que non teñen moi claros, e que seguiremos traballando neste primeiro trimestre.

Déixovos unhas fotiños:



Un saúdo!

CURSO 2021/2022

 OLA FAMILIAS!

COMEZAMOS UN NOVO CURSO! BENVIDOS E BENVIDAS!


Querémonos 🥰

Bo día familias! 

Esta semana falamos da importancia de querernos. Primeiro debemos aceptarnos e querernos a nós mesmos para poder querer aos demáis. 

Para iso axudámosnos dos contó "Lili" de Wen Dee Tan. 


A continuación traballamos facendo a portada dos nosos traballiños... 

O noso xoguete favorito

Bo día familias! 

Esta semana contamos o conto "El abrigo de Jana", que nos axuda a seguir traballando o autoconcepto, a coñecernos a nós mesmos.

Déixovos aquí o enlace do conto e algunhas fotos. 







A continuación fixemos un debuxo do noso xoguete favorito:

Animal favorito e coñecemos o noso peso

Bo día familias! 

Esta semana leímos o conto "Malena Ballena" de Davide Cali e Sonja Bougaeva. Aquí o deixo:




Despois de reflexionar sobre o conto, pensamos en que animal nos gustaría convertirnos (o noso animal favorito). 
E a continuación seguimos analizando o noso corpo. Hoxe traballamos o peso

Analizamos a nosa man e a nosa altura!

Bo día familias! 

Seguimos traballando a autoestima e o autocoñecemento. Para comezar contamos o conto de "Grisela", de Anke de Vries e Willemien Min, sobre unha ratiña que pensaba que sería máis felíz si se pintaba doutras cores. 
De seguido fixemos a pegada da nosa man. 
E por último, medímonos coa axuda da profe Maty. Como medramos dende setembro!! 

A nosa familia...

 Ola familias!!

Debido a que o sábado 15 de maio é o día da familia, dedicamos a clase desta semana ás nosas familias tan especiáis. Tan especiáis como as do conto "Mi familia es especial", da autora Anna Rayo e a ilustradora Mónica Armiño, que nos fala sobre a diversidade familiar. Déixovos o enlace dun vídeo do conto, anímovos a que o vexades de novo cos vosos fillos e fillas e o comentedes con eles.



Falamos sobre como son as nosas familias, quenes a compoñen, se temos algunha mascota,... E debuxámolas. Quedaron así de bonitas... Premede para ver o vídeo:


Esperamos que vos guste o resultado e vos sintades identificados 😍