Saída á praia de Sada

Hoxe fixemos a primeira saída do curso, á praia de Sada, e coma estos últimos años acompañáronos as familias.
Grazas familias ❤️

Aniversario de Lucas

Hoxe celebramos o aniversario de Lucas, que cumple 4 anos! E para iso acompañounos a súa familia!

Lucas explicounos a actividade que ían facer, uns foguetes que saltan! Encantoulles!!
Despois Lucas deu as 4 voltas ao sol ☀️
E por suposto soplamos as velas e cantámoslle polo seu aniversario 🎂🎉

Moitas grazas familia por vir celebralo con nós!

Xogos de outono con números

Hoxe aproveitando que ven a profe Montse á clase, fixemos uns xogos de números utilizando as castañas: formamos o número, contamos, escribímolos,...

Hoxe tocoulle a un equipo, iremos rotando ao longo da semana que ven.

Visita especial 🧑🏼‍🚀🚀

Ao chegar á aula apareceu un po moi estrano... Non sabiamos moi ben que era... cada un fixo a súa hipótese...
Ao pouco apareceu un astronauta na clase!!! Quedamos abraiados! Viña seguindo un rastro espacial... o po que aparecera na mesa!

Trouxonos unha mensaxe de parte de Lecturitas (a mascota da Biblioteca). Temos que levar a cabo unha misión! Investigar sobre as Perseidas e as Xemínidas.

Volverá...


Aniversario Carmen

Hoxe celebramos o aniversario de Carmen, que cumplíu 4 aniños en agosto, e xa estaba desexando vir celebralo con nós.

Decidiron facer unhas máscaras de astronauta. Primeiro explicáronos como tiñamos que facer, e logo fixo cada un a súa.

Tamén fixemos as 4 voltas ao sol.

E soplamos as velas!

Moitísimas grazas Bea e Javier por vir a celebralo con nós!! 🎉

Aniversario de Xoel

Hoxe celebramos o aniversario de Xoel coa súa familia. Xa ten 4 aniños! 4 voltas ao sol!

Prepararon dúas actividades relacionadas co Espazo, que é o proxecto que imos levar a cabo este curso.
En primeiro lugar fixeron un experimento no que uns astronautas elevábanse ata a lúa. Como é posible? Coa enerxía cinética! Frotábamos o globo co pelo e... a voar!!
Despois explicáronos como facer un 🚀 
Quedaron chulísimos!
A continuación Xoel simulou dar 4 voltas ao sol.

E por último, na merenda, soplou as velas e cantámoslle desexándolle moitos parabens!
Moitas grazas familia por vir celebralo con nós! Un aniño máis celebrandoo xuntos!

Camiño Escolar Seguro

Hoxe o alumnado de 6° de primaria veu a darnos unhas pequenas indicacións sobre o uso de patinetes e bicis do Camiño Escolar Seguro.

Xa sabedes, se estades interesados podedes apuntarvos.

Celeste a extraterrestre 👾

Hoxe coñecimos a Celeste a extraterrestre, que chegou á nosa clase nun prato volante. Tamén escoitamos a súa canción, que motivará o proxecto desde curso escolar dedicado ao Espazo.


Por suposto Celeste saudou un por un a tod@s os nenos e nenas da nosa aula.

Benvidos ao curso 2026/27

Comezamos novo curso, xa estamos en 5° de infantil! 

Temos asemblea nova e novos materiais! Hoxe coñecimos ao noso novo compañeiro Julio, e en breve comeza unha nova compañeira.

Déixovos algunhas fotiños.
Tamén disfrutamos do patio.
Mañá máis!