Fin do 2° Trimestre
E aquí remata o segundo trimestre!! Pasou moi rápido, sen decatarnos! Pero agora esta rapazada merece un descanso despóis duns meses de tanto traballo!
Coas súas portadas e as súas bolsiñas decoradas ían contentísimos para a casa...
Levamos a cabo varios proxectos: o de inverno, o do Entroido (Yayoi Kusama), o do corpo humano (que continuará no 3° trimestre), o de Illa Fantasía (anual) e o de Cre-Arte (escultura).
Déixovos unhas fotiños dos gorros que fixeron as familias para este trimestre dentro do Proxecto de Illa Fantasía:
A continuación tedes a exposición dos traballos de escultura de Educación Infantil. Recordade que tedes os de todas as clases na páxina web do cole!
Materiais aportados polas familias sobre o corpo humano
As familias seguen a traer material para o Proxecto do corpo.
Alonso trouxo un libro sobre os osos, os músculos, os órganos,...
Amets tamén compartíu o seu libro con toda a clase:
Lois trouxo uns crebacabezas:
Salvemos o Planeta. 6° sesión.
Hoxe foi a última sesión coa profe Rocío. Recordounos todos os traballiños que fixemos estas últimas semanas e que debemos seguir facendo para coidar do noso Planeta.
A continuación, como premio por facelo tan ben, entregoulles uns carnés.
Salvemos o Planeta. 5° sesión
Na actividade de hoxe a mestra Rocío fálanos do calentamento global. De cómo nos está a afectar.
- Primeiro veron un vídeo:
Nun tupper colocou uns bloques de plastilina cuns cubiños de xeo e un poco de agua ao redor (o océano). Marcaron no tupper ata onde chegaba a auga.
Observaron cómo o xeo desapareceu pero no tupper había máis auga! Estaba por enriba da liña que marcáramos nun principio! A qué era debido?
Proxecto Cre-Arte: escultura do esqueleto
Seguimos creando para o Proxecto Cre-Arte. Hoxe creamos un esqueleto con rollos de papel hixiénico e de cocina que trouxeron as familias.
Primeiro pintámolos da cor dos osos:
Xenial!!! Xa coñecemos un montón de osos!!
Salvemos o Planeta, 4° sesión
Seguimos aprendendo sobre qué cousas podemos facer para coidar o Planeta. Hoxe tocou plantar lentellas.
Proxecto corpo humano: colocamos os osos.
Hoxe traballamos co esqueleto que nos trouxo Luna e a súa familia. Grazas a él aprendemos onde colocar as partes do corpo e repasamos os nomes:
Outras familias seguen aportando material. Hoxe Leo F tróuxonos radiografías do seu propio corpo!!! E recórdanos o importante que é o calcio para os nosos osos e onde o podemos atopar!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







