Esta semana na clase de 3 anos traballamos as emocións co conto "O monstro das cores"
Neste conto o Monstro vai cambiando de cor segundo a emoción que sinta nese momento: vermello cando se enfada, amarelo cando está ledo, azul cando se sinte triste, verde cando está tranquilo,... Pero a veces o Monstro líase coas emocións e temos que axudalo!
Os nenos e nenas de 3 anos axudárono clasificando as súas emocións en botes.
Primeiro colocaron cada monstro co seu bote correspondente...
E logo clasificaron todas esas emocións dentro de cada bote...
Déixovos a continuación o conto e a canción que escoitamos na aula por se a queredes ver na casa.
conto canción
Qué chulo!!!
ResponderEliminarQué chulo!!!
ResponderEliminar