EMOCIÓNS: O MEDO (4 anos)

 Bo día familias,

Esta semana estamos a traballar o MedoPara iso, partimos do conto "Gris Gris" de Camino García, onde nos fala de que todos temos un Edo no noso interior que nos protexe de todos os perigos. Podedes ver aquí un resumo do mesmo:

 

A partir deste conto todos creamos o noso propio Edo.

En primeiro lugar coloreamos os brazos e os picamos:

    


Despois, fixemos unha bola con plastilina:


      


A continuación, cortamos a plastilina ao medio...

     

  


para meter os brazos dentro...

  
 


E para rematar pegamoslle os olliños:


  

  

  

  


Así nos quedaron os nosos Edos:



1 comentario: