Experimento 2. 3 anos

Bo día familias!

Rematamos hoxe cun experimento que comenzamos o primeiro día decembro: Cómo escribir con tinta invisible usando un limón?

Pois para iso, esta vez, usaremos de novo un limón. Necesitamos o seu zume, un pincel, unha taza e lume (vela, mechero ou plancha).

Probamos a escribir unha palabra significativa para nós: "LOBO". Usamos a tinta segreda usando o pincel, e deixámolo a secar. Antes de nada observamos cómo é o limón por dentro, cómo é o seu tacto, como ule,...
Hoxe, onde parecía que xa non había nada escrito, estaba a mensaxe segreda. Quentamos o papel cunha vela e... apareceu a nosa palabra!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario