Fóra pementa! 3 anos

Bo día familias!

Esta semana fixemos un novo experimento. Consistía en facer fuxir a pementa. Cómo o fixemos? Déixovos un vídeo:



A pementa flota na auga. Na superficie da auga hai unha capa de auga máis firme, chamada Tensión superficial. Cando botamos o xabrón de lavar os pratos, esta tensión debilítase no centro e fuxe a pementa.

Espero que vos gustase! Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario