Experimento con doces de cores. 5 anos

Bo día familias!!

Esta semana fixemos o último experimento deste curso! Creamos unha obra de arte con doces de cores (tipo Lacasitos).

Necesitamos: doces de cores, un prato branco e auga.
En primeiro lugar colocamos as doces arredor do prato, cambiando de cores e sen que estén pegadas.
A continuación botámoslle auga e esperamos.
Que bonito!! Unha obra de arte!!

Cando botamos a auga aos chocolates, as súas cores comezan a expandirse e disolverse. As cores diríxense al centro do prato e non se mesturan. Isto é debido a que o azucre sube a densidade da auga e forma barreiras de cor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario